02 decembro 2016

En "Crónicas de Arteixo", Suso e José Ramón, pillados polos pelos.

Calvelo ordenou "anular" os traballos que acababa de contratar a concellaría de Obras para mellorar a circulación na contorna da rotonda de Bajamar.

Hoxe, sobre as 18:00, comezará a recepción do carteiro real na Avda do Balneario e, amais, haberá degustación gratuita de chocolate quente. Ás 19:00 horas, na mesma rúa, Arsenio Iglesias acenderá a iluminación do Nadal.

27 novembro 2016

Hoxe cúmprese un ano do falecemento de Xosé Neira Vilas. A TVG lembra con Roi Casal o cabodano de Neira Vilas e emitirá o concerto de Roi en Santiago, ‘Son galego, son cubano’, disco no que puxo música as letras do escritor.