A glorieta de Sabón soporta unha gran concentración de tráfico, sobre todo en horas puntas, que sole ser puntualmente a todas horas. Pero iso non é todo, xa que despois dunhs minutos de retención facendo o ceda o paso, cando intentas pasar entre bocinas, amagos de freadas, despistados e malas leites, dás con outro ceda o paso as saídas con pasos de peóns. Pasos que, ademais de ser un perigo para a circulación peoníl, son verdadeiros tapóns para a desconxestión da rotonda. A construción elevada da nova glorieta pode que  alivie o tráfico e se gañe un par de minutos porén, é tempo que se volve a perder ao ter novos cedas o paso e, coma non, cadanseu paso peoníl. Por outra banda, se de cando en vez hai accidentes tendo a glorieta de fronte os ollos, como será nas saídas cos cedas o paso ás costas?
En fin, eu suxeríalle que  quitasen os tapóns peonís e os fixesen soterrados. Soterrados por que, ademais de non mollarte cando chove, son útiles para máis tempo (?). Non coma os elevados que, sendo moi chamativos polo seu caro diseño, terminan, aos poucos anos, por estorbar no avance das glorietas; o outro gran invento redondo da humanidade.

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.