A violencia contra a muller é unha consecuencia da discriminación que sufre, tanto nas leis coma na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero. É unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sufren violencia na súa vida. O 25 de novembro, día en que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, foi o día en que as irmás Mirabal, coñecidas como As Mirabal. Patria Mirabal, Minerva Mirabal e María Teresa Mirabal, foron tres irmás dominicanas que se opoñeron á ditadura de Rafael Leónidas Trujillo. Outra irmá, Bélgica Adela "Dedé" Mirabal, non tivo un papel activo nas actividades realizadas en contra do ditador. A irmá maior, Patria, aínda que non tiña o mesmo nivel de actividade política que as outras irmás, apoiabaas e  prestáballela súa casa para gardar armamentos e ferramentas dos insurxentes. No 25 de novembro de 1960, Patria, Minerva e María Teresa foron asasinadas nunha emboscada. En 1999 recibiron o recoñecemento da Asamblea General da Organización das Naciones Unidas, que designó, na súa memoria, o 25 de novembro coma o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.