Arteixo & Coruña


Calvelo foi un daqueles en manifestarse en Meicende sobre o deslinde coa pintada nos contedores do lixo afirmando que prefería ser do peor barrio da Coruña que do Arteixo Coruña de Arteixo. Por suposto nunca fixo súas esas declaracións. Cando se esta traballando nunha asociación veciñal hai que respectar a opinión da xente, aínda que non se comparta e, sobre todo, cando daquela quería chegar a ser alcalde do mellor barrio de Arteixo e non do peor da Coruña. Dende entón xa choviu e, Diego Calvo, presidente da Diputación de A Coruña, manten aberta a porta á posibilidade de que Arteixo e a Coruña sexan co tempo a primera cidade de Galiza, aínda que de momento o proceso non haxa frutificado. «É unha das moitísimas fusións que se poderían levar a cabo». Preguntado de forma insistente sobre unha unión que soa cada vez con máis forza, Calvo recoñeciu que mantivo conversacións cos alcaldes de ambolos dous municipios, inda que quixo enmarcalas dentro  da promoción xeral das fusións municipais. «Creo que dos 93 alcaldes da provincia, non hai case ningún que non me escoitara falar de fusión», entre eles Calvelo e Negreira.
En fin, que eu tamén preferería ter ó peor alcalde arteixán que ó mellor alcalde coruñés.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.

Subscríbete a ARTEixolandia

Enderezo do teu correo electrónico:

Entregado por FeedBurner