O concello de Arteixo volve a aparecer no sumario da operación Pokémon. Na parte centrada na actividade do exasesor de Gerardo Conde Roa e imputado, Ángel Espadas, indagase nos tratos deste co concelleiro de obras, José Ramón Amado, con quen tiña xa unha frecuente relación cando vivía en Santiago de Compostela.

A maxistrada abre, baixo o epígrafe "posíbel tráfico de influencias en Arteixo" un apartado dedicado o concello arteixán, con conversacións nas que se fala do envío de información a Espadas en novembro do 2012, só días antes das imputacións compostelás de De Lara.

O concelleiro responsábel de obras defende o motivo de tales conversas, insistindo en que está: "convencido de que non hai nada" e reiterando en que non hai ningún trato con Espadas que dera lugar a algunha adxudicación, contrato de obra ou servizo. Sinala que dita documentación, que afirma que non se chegou a enviar, aludía a un estudo de viabilidade para poñer en marcha a nova piscina de Arteixo, da que aínda non saiu a licitación.

Ángel Luis Espadas Díez xuntouse con José Ramón Amado, concelleiro de obras do concello de Arteixo e, ademáis dunha reunión na Coruña, coñecese que despois o concelleiro estivo remitindo algún tipo de documentación, cuxo destinatario sería Fran Sánchez Varela, do que se deduce que sería para unha obra ou servizo", resume a maxistrada nun dos tomos  no que De Lara dedica un apartado a Arteixo cun título que pode abrir unha nova líña de investigación: "posíbel tráfico de influencias en Arteixo".

O sumario recolle tamén contactos entre o mesmo concelleiro de obras e o delegado de Vendex nas que actuaba coma nexo Espadas e Jesús Fuentes Maceiras, que organizou o encontro. Outro dos servizos e traballos que aparecen recollidos ao fio dos pinchazos de Tutor é a remodelación do pavillón de Meicende, que acabó en mans doutra empresa. A empresa que centra a operación Pokémon xestiona o guindastre, a escola infantil e a conserxería dos polideportivos.

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.