..."esta España tuya, esta España vuestra". 
Por que este país, chamado españa, pertece ós menos españois de todos: a malversadores, a defraudadores, a evasores de capital, a xuíces, aparentemente impolutos pero corruptos, a Condes que xa non se esconde, a príncipes consorte, ...perdón!, a duques con sorte, (con moita sorte diría eu)...e a outr@s cuxo adxectivo realmente non quero lembrar.


Antes o deporte nacional era a envexa pero agora xa é a corrupción. Corrupción; o mellor deporte para ter as contas en paraísos fiscais a reventar, E, ademais, non hai tribunal que llelas baleire por enchelas a base de doparse de subvencións e malversacións. 

Ai! Se a corrupción fose un deporte olímpico, cantas medallas de ouro había de gañar España! 

Porque non sei se haberá país con mellor equipo de corruptos para mandar as olimpíadas. E a cabeza deles, como non, ondeando o estandarte nacional, Don Iñaki, para orgullo da súa dona, e merecedor pola súa traxectoria, de tal honor.

E namentres don Iñaki ondea a bandeira van cantando a unha voz o himno, (polo cal deberían cobrar dereitos de autor):

..."Esta España mía, esta España nuestra"

E a casa real apoiando aos deportistas, coma sempre, sexan do deporte que sexa.

..."Me llena de orgullo y satisfacción...

Carallo, que mediático!

E carallo de país! Que das unha patada no chan e saen máis corruptos que parados.

E que carallo de goberno! Que lle dá arrepíos axudar aos parados con calderilla pero non lle da noxo manter a estes cabróns que cada vez que meten a man levan o xantar de millóns de bocas famentas.

Pero así é Spain, a de pel de touro...

-Será por iso que está chea de tanta bosta?- pregúntame con sorna a miña avoa.

-Será, será- contéstolle sen mirala, namentres penso como rematar esta carta.

-Pois a ver cando deixa de cagar!

A retranca dela,( graciñas avoa), doume un remate ao me gusto, aínda que un pouco cheirento:

-Se tivesen que cagar todo o que roubaron non chegan os bosques do Amazonas para facer papel para que límpen o cu!

Dou fe!

P.D. Os indíxenas deste marabilloso hábitat non deben estar intranquilos por este comentario meu. Prométolles que non se vai a precisar  papel para estes homes probos, pois é máis doado que un superdabondo entre no reino dos ceos a que a estes españoliños lles entre cagadeira...do roubado.
Fonte: Diario de Arteixo

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.