Cando a nave das ideas teñen calado demais para poder navegar en augas de persoas democraticas, cordiais e honradas, xurden as relacións imposibles. Malo é que haxa un goberno que lle fai trampulladas á oposición sen contar que, ademáis, non a está enganando só a ela, senón a tódala cidadanía. Elexir o engano coma medio de conseguir un fin acaba obrigando a seguilo facéndoo coma se fora (enganar) un fin en si mesmo. Todos sabemos que os partidos fan igual que a roda e o freo que, aínda que cumpren distintas funcións, teñen en común o facerse dano mutuamente. Non debería ninguén esquecer que a oposición está para facer de contrapeso equilibrador das accións ameazantes do poder. En fin, que o esquecemento das intencións é a imbecilidade que máis a miúdo se comete. Pensar que "o que non está comigo está contra min", só consegue pór encontra a todo o mundo.

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.