Pero...con la política hemos topado, querido Ancha. Asi lle dixo Don Bigote da Braña ao seu amigo Ancha Panza. Caéronlle a estes dous amigos tales alcumes por ser un da aldea da Braña e ter bigote e ao outro por estar calondro e ter moita barriga.

Situémonos: Día da clausura de "conservas á creatividade", en Arteixo.

Que bonito mentres durou, pero con que pouca fidelidade relataron os mass media a colaboración dos alumnos do cursiño de cociña! Como pode ser posible tal falacia? É que esqueceron que nós estabamos alí?

Os alumnos de cociña fomos os que picamos os allos mailos pimentos e os que choramos picando nas cebolas. Participamos con premeditación e aleivosía no asasinato dos cangrexos e, ademais de bismatir as paellas, axudarmos na sembra das algas.


O traballo do cociñeiro máis chicharateiro de Porto Muíños consistiu, como moito, en meter as algas e en remexer de cando vez as paellas. Tamén servirmos as racións, cortámolo o pan e repartirmos a bebida. Ata tivemos o detalle de facer follas de limón de sobremesa, que tamén servirmos e repartimos, e que por certo, triunfaron máis que o arroz caldoso.

A min no me importou colaborar, (ata o pasei ben), pero non me gustou o detalle de que o cociñeiro máis chicharateiro viñese con aires de estrela, convencido de que nós tíñanos que estar ao seu servizo.

E non debía ter moita dúbida, pois aínda ao rematar quixo que lavásemos a paella e, como nos negamos, chegou ao extremo de queixarse a certa persoa de que non o queriamos facer, confiando en que esa persoa nos ía obrigar a facelo, (infantilismo ou chulería?). Da mesma maneira, esa mesma persoa, (pregúntome eu), ¿pensaría que era a nosa obriga recoller o lixo ao rematar o xantar?...ao mellor si!

Pero non contaban que iamos Milivacinados contra o abuso do poder.

De tódolos xeitos foi un día proveitoso, pois alégrome de ter coñecido ao chicharacheiro, a Raul Velloso e a Benigno, que ademais de larpeiro dálle xeito ao cantar.

Pero..., non estivo nada ben que a prensa só se lembrase de botarlle flores aos televisivos, e aos que fixemos o traballo, ou nos ignoran ou nos nomean de pasada. Vamos, como se a nosa colaboración non contase!

Así que felicito aos xornalistas pola súa falacia lóxica. Pero sobre todo felicito ao concello polo seu gasto ilóxico en tal evento. (Gasto multiplicado por cinco ou seis veces o presuposto do cursiño. Cursiño que antes era de nove meses e agora só é de tres porque non hai cartos...iso din!

Quédame a dúbida de se non tería o concello a intención de que fósemos os comparsas do mediático cociñeiro e utilizarnos coma servizo e rematando coma varredores.

E remato, sen falacia, "cociñeiro convidado, con Milivacinados habedes topado".

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.