Que un goberno diga nun pleno que no seu concello os Servizos Sociais funcionan ben perante dun afectado que, con coñecemento de causa, di que non e tal e o boten fóra acompañado dunha multa por dicir coma a el lle foi na feira, pareceme un acto pouco democratico e de moita desFACHAtez e, a sabendas da súa situación, ata vingativo e cruento. É pór o dedo na llaga da ferida da familia, e da democracia, sufridores colaterais. Poida que o noso veciño non tivese moita diplomacia ao interromper o pleno e dicir que o goberno municipal mentía sobre que os Servizos Sociais estaban funcionando moi ben. Porén, tiñan que entender que é máis doado ser educado e diplomático cando se fala dos problemas que padecen os demais que cando se trata dos propios, onde ata a inxustiza verbal (a mentira) fai perder a compostura. En fin, 100€, 200€ ou 300€ , e ata mil!, por interromper un pleno, non sería excesivo se os que practican a corruptela coma deporte nacional tivesen un castigo na mesma proporción. Nesta España chamada país (e digoo como soa) parecenos democracia o feito de elexir cada catro anos  un goberno ditatorial que nos goberne. Quizais sexa o que merecemos...

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.