Toda Europa está ocupada pola crisex.
Toda?...
Non!


Hai un pequeno país que quedou a salvo. Suizix!
Grazas á apócema do seu druída, Banquitix, Suizix pode manter a raía á crisex. Banquitix ten a apócema moi ben gardada e só se sabe que os seus ingredientes segredos son traídos de tódolos países do mundo.

Algunhas veces os xefes doutras tribos xúntanse para convencer ó xefe de Suizix para que lle ordene a Banquitix que lles dea o nome e as cantidades dos ingredientes. Pero Suizix contéstalles que non hai tú tíax.

Parécevos un conto?

O conto é que sempre mirei para Europa con envexa e con moita esperanza. E con moita ilusión cando España por fin entrou a formar parte dela.

Pero foron pasando os anos e en nada cambiou. Eu seguía traballando dez horas,(cando traballaba), e sempre chegaba a fin de mes polos pelos,(agora estou pelado).

Así que, que España entrara no Mercado Común, paréceme iso...coma un conto!

O que algún día se chamou Mercado Común agora é coma o máis común dos mercados; cheo de chourizos e carteiristas.

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.