Un conflito xorde cando dúas ou máis partes interdependentes saben que os seus obxectivos son incompatíbeis. Nos difíciles momentos de negociación  é cando se debe tratar de manter unha actitude de escoita activa, cando toca ser receptor, para  amosar que un está intentando comprender as razóns das outras partes e, cando toca ser o emisor, abonda con exercitar unha mínima comunicación asertiva.

Nestas situacións é cando máis hai que coidar o ton de voz, os xestos e o contexto no que se fala.

Non fai falta provocar, pois na condición humana está o conflito e é inevitábel.
Porén, para atopar unha resolución positiva hai que comprender primeiro a natureza do conflito e entender que é un proceso social construído polas partes involucradas nel.

Están a amosarnos que a actitude que impera fronte ao conflito é o partidismo, polo que non se dá a oportunidade de atopar unha solución consensual e xeradora de acordos para beneficio de todos.

Estes políticos universitarios esqueceron que o significado dunha frase dállo o receptor e non o emisor.

Agora deberían contrastar a opinión que teñen de si mesmos coa que podamos ter nós deles.

En fin, xa é hora de que se acheguen a "Xanela de Yohari".

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.