Nun pequeno fogar galego, onde as rutinas diarias gobernaban a vida de Tomás e Ana, unha semente de aventura comezaba a brotar. Ana, sempre con ansias de novas experiencias, soñaba con percorrer o Camiño de Santiago, mentres Tomás prefire a comodidade do fogar. 

Tomás estaba recostado no sofá, vendo a televisión, cando a súa muller entrou na sala cunha idea na cabeza.

—Tomás, quero facer o Camiño de Santiago!

Pero Tomás é un home cómodo e resistente aos cambios. Prefire a súa rutina diaria, simbolizada polo seu apego á televisión, sobre as aventuras e experiencias novas que propón Ana. A súa actitude reflicte unha certa teimosía e desinterese polos desexos da súa muller, o que suxire unha tendencia a evitar esforzos que alteren a súa zona de confort. Sen apartar a vista da pantall e cun ton de desgana, retrucou:

—E porque carallo temos que facer o Camiño?

Ana pousou a man na cadeira e, con paciencia, explicoulle:

—Por que é unha experiencia única, Tomás. Encantaríame facelo. E, ti non tes ganas de ver a Catedral e abrazar ao Apóstolo?

Tomás bufou, movendo un chisco a boca:

—E non será mellor que veña el a abrazarme a min? Hai o mesmo camiño. E por riba ten cabalo!

Ana fixo unha pausa. Na súa mente, xa se vía camiñando por fermosos sendeiros e atopando xente de todo o mundo.

—O Camiño de Santiago é unha experiencia única que non se pode comparar con nada máis. Se non queres vir, queda. Es ti quen o perde.

Ana é decidida, sempre foi unha aventureira. E agora o seu desexo é de vivir novas experiencias e facer o Camiño de Santiago, a pesar da indiferencia do seu home.

Tomás seguiu absorto na televisión, mentres Ana saía da sala, decidida a emprender o Camiño soa. Antes de marchar, colleu o mando de control remoto da televisión e deixouno enriba dela. Tomás nin se decatou.

Tres días despois, Ana regresou da súa viaxe. Entrou na sala cun brillo nos ollos e un sorriso radiante.

—Tomás! O Camiño foi unha experiencia marabillosa! —dixo emocionada, mentres deixaba a súa mochila no chan.

Tomás, sen moito interese e sen apartar a mirada da televisión, respondeu:

—Ah, si. Que ben.

Ana mirou a televisión e viu que estaban pasando unha novela, algo que Tomás sempre odiara. Intrigada, preguntoulle:

—E desde cando che gustan a ti as novelas?

Tomás, visiblemente molesto, ruxiu:

—Que carallo me van gustar! Pero deixaches o mando enriba da televisión e non puiden cambiar de canal!


0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.