Os axentes de Aduanas investigan a comisión dun
posible delito de tráfico de influencias cometido en Arteixo. Segundo os
últimos datos que figuran no sumario da Pokémon o caso non
tería que ver coa empresa Vendex -aínda que en tomos anteriores si se
investigou esa relación- senón co papel de Ángel Luis Espadas, antigo xefe do gabinete de Conde Roa.
Segundo os informes de Aduanas, Espadas -que
buscaría contratos nos concellos gobernados polo partido popular-
habería mantido unha reunión con José Ramón Amado, concelleiro de Obras en
Arteixo. Sábese que despois o concelleiro estivo remitindo algún tipo
de documentación, cuxo destinatario sería Fran Sánchez Varela, do que
se deduce que sería para unha obra ou servizo, segundo din os axentes no seu
informe.
Hai varios contactos entre Espadas e responsábeis
municipais. Así, entre outros, falou con Marcos Docampo, técnico de
Deportes, quen se habería feito cargo de enviarlle un arquivo por correo
electrónico.
Tamén hai pinchazos entre personal de
Aquagest. Nunha conversación un dille a outro "que xa lle fixeron a
primeira visita ao concelleiro de Arteixo para que souberen que estaban alí e que polo momento lle ían a pasar un orzamento para facer traballos co camión de saneamento".
Arteixo -entre outros concellos da zona;
coma Sada, Carral e Bergondo- figura na Pokémon pola relación con
José María Tutor. O responsábel de Vendex en Galiza reunírase polo menos nunha ocasión co alcalde de Arteixo acompañado polo máximo responsábel da firma, Gervasio Rodríguez. Calvelo -que non
está imputado- asegurou que nunca se lle fixo un favor a esa empresa e que mesmo perdera contratos ao non terse presentado a outros, coma o da nova gardería, que levou outra empresa. Calvelo recordou
tamén que aínda que a empresa chegou a reclamar deudas importantes nunca
se lle pagou o importe que pedía. Entre outras cousas Vendex facíase cargo en Arteixo do servizo de guindastre.
0 comentos:
Publicar un comentario
Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.