31 decembro 2013

O presidente do goberno afirma que no 2014 imos deixar atrás medos e incertidumes e que volveremos a recobrar ese ben tan preciado que é a esperanza.

26 decembro 2013

Bill Gates financia un teléfono móbil que se recarga cos mexos.

24 decembro 2013

A executiva do PSOE de Arteixo celebrou a derradeira asamblea do ano nunha cafetería do concello.

23 decembro 2013

O goberno aprobou este venres a lei do aborto máis represiva da democracia.

22 decembro 2013

Na XXII Feira do Galo de Arteixo o galo gañador tiña nove quilos de peso.

20 decembro 2013

Segundo Alberto Castro antes comíase marisco e agora hai que comer sardiñas pero ninguén morre coa fame.
O BNG de Arteixo insta o resto da Corporación local a reclamar que se realicen os cambios necesarios na lexislación para garantir o suministro eléctrico aos veciños que se atopan en situación de pobreza.

18 decembro 2013

O alcalde defende que Arteixo terá  un asento no órgano da Autoridade Portuaria, a pesares de que el foi elexido polo Goberno galego e non polo Concello.

17 decembro 2013

O incremento da taxa chega un mes despois de que o goberno local aprobase, co apoio de TeGa e a oposición do BNG e PSOE, o aumento da factura nun 2,9%, correspondente a IPC.

O programa mobilizará 10 millóns de euros. Coas axudas que se convocarán e que se poderán pedir a partires do 2 de xaneiro, a Xunta aspira a que se leven un cento de novos proxectos.

14 decembro 2013

O PSdG-PSOE de Arteixo deixa o local da Avd Fisterra polo traslado da súa sede a outro lugar e non por motivos económicos, como da a entender o xornal  "La Voz de Galicia".

Calvelo xa presentou unha solicitude na Consellería do Mar para que Arteixo teña voz e voto no consello  do porto exterior.

13 decembro 2013

O concello arteixán busca figurantes para acompañar ás carrozas da cabalgata de Reis. A quen poda interesar,  (que os nen@s non teñen culpa), información na web do concello.

12 decembro 2013

Segundo Montoro España xa está saíndo da crise económica "aínda que non o recoñezan algúns insensatos", e o PP voltará a gañar as eleccións porque os mercados non son gilipollas"

09 decembro 2013

Tras cinco anos de goberno do PP e outros tantos de recortes nos servizos públicos, os profesionais da sanidade galega convocaron a primeira folga da era Feijóo.


08 decembro 2013

Por mor da renuncia da primeira adxudicataria, Innova, as actividades de Servicios Sociais foron retrasadas, sen maior explicación, ata que lle foron adxudicadas a empresa Axiña.

PSOE e BNG recorren as contas que o goberno local aprobou en solitario en setembro e que incumplen a lei ao incrementar irregularmente a plantilla.

06 decembro 2013

Sorpresa no Concello o retirar unha tubería e descubrir que en 200 metros de rede Augarsa chegara a meter ata 45 parches para arranxar as fugas. (Uns 675€, máis instalación e man de obra).

03 decembro 2013

O Concello daralle un ano aos bares para adaptar as terrazas ás ordenanzas.

01 decembro 2013

O voceiro do PSOE chámalle mentiroso o señor Novo por prometer a posta en funcionamento de Radio Arteixo e de covardes a tódolos membros do goberno por non facelo.

 
O PSOE  romperá as relacións coa concelleira de Facenda se non pide perdón por insultar o seu portavoz.

29 novembro 2013

Segundo certo xornal o PSOE ausentouse do pleno ao denegarlle o turno de réplica por unhas acusacións que o portavoz do PSOE, Martín Seco, considerou graves.

Case fai falta o salario mínimo interprofesional de tres traballadores para pagar as dietas dun concelleiro do PP de Arteixo.

27 novembro 2013

A banca gaña aínda cando perde.

O goberno aproba o venres uns  30.000 millóns  de euros para a banca.

24 novembro 2013

Ademais de non reservarlle nin un euro nos presupostos a reorganización que o concello fará no edificio de Servizos Múltiples reduce a menos de trinta metros o espazo da emisora.

Preto de catrocentas persoas participaron na Andaina contra a Violencia de Xénero.

21 novembro 2013

Centos de alumnos  concentráronse fronte o Ministerio de Educación para protestar contra o proxecto da Ley Orgánica para a Mellora Educativa, os recortes, o  'tasazo' universitario e a "reducción" de becas.

Mariano Rajoy recibiu en Bruselas, onde asistiu no mes de outubro ao Consejo Europeo, a felicitación de varios líderes polos  últimos datos macroeconómicos. Angela Merkel constatou a evolución positiva do desemprego e o crecemento en España.


20 novembro 2013

Nova ofensiva do patriarcado contra os dereitos das mulleres no libro “Cásate y sé sumisa”, da italiana Costanza Miriano,  publicado pola  Editorial Nuevo Inicio, a iniciativa do Arcebispado de Granada. 

19 novembro 2013

Que esconde o alcalde no faiado?...


18 novembro 2013

O párroco de Loureda indignado pola multa que lle puxeron o 27 de xullo diante do portal, de propiedade  eclesiástica, namentras oficiaba un entierro.

17 novembro 2013

O Novo Regulamento, aprobado inicialmente no mes de setembro en solitario polo goberno municipal do Grupo do Partido Popular, non conta con maior transparencia, democracia e participación da cidadanía, caos que xa rexen hogano.

15 novembro 2013

Segundo os partidos da oposición son unhas contas públicas que consideran que son os presupostos contra a crise dos amigos do PP, quen as defendiu afirmando que se centraban en atención social, emprego e educación.

14 novembro 2013

A Radio Municipal pechada para que os cidadáns non poidamos enterarnos do que están a facer co noso concello.

A sentenza polo Prestige absolve aos acusados dos danos medioambientais e respalda a decisión do goberno (PP) de afastar o barco. 

13 novembro 2013

Segundo a oposición, o concello decide pechar a radio municipal para que os cidadáns  non se enteren do que pasa nos plenos.

12 novembro 2013

O que non conseguen os médicos fano ...


Paro do autobús urbán en Meicende, paro no transporte  metropolitano.

09 novembro 2013

...é que non me puden aguantar!

08 novembro 2013

Polo visto Negreira manda moito.

07 novembro 2013

O concello inclue nos seus presupostos para o vindeiro ano un servizo de comedor social gratuito para atender acotío as necesidades básicas de alimentación das familias que estén en risco de exclusión social por carecer de ingresos económicos.

06 novembro 2013

O polígono privado de Vío convertido en zona loxística para o apoio do porto exterior e contando co beneplácito de Carlos Calvelo.

Grazas ao esforzo do goberno vese luz ao final do tunel.


05 novembro 2013

Non se pode dicir que Feijóo non cumpre as súas promesas.

Nas paradas de taxis de Arteixo e Vilarrodís o servizo de teléfono, (981600535-981600536), non funcionan dende hai varios días...

A Corporación do Concello de Arteixo comprométese a celebrar unha Xunta de Voceiros para consensuar unha declaración institucional, na que se reafirme o seu compromiso público cun futuro de independencia para Arteixo.

04 novembro 2013

O concello tala os plátanos de Rorís para construir unha senda peoníl dentro do plan "Camina".