Pero como por arte de maxia, un compañeiro,(aínda queda algún), ten a amabilidade de darme o teléfono dunha empresa coa que contactou e que están contratando xente.

Chamo sen tardanza á empresa. O primeiro que queren saber é se teño o cursiño de prevención de riscos laborais.

Claro que o teño!

No ano 2009 fixera un de oito horas, que ademais fora un requisito da Fundación Laboral  para poder solicitar a TPC, (tarxeta profesional da construción),  e que despois de moito ir e vir, concedéronme por fin. (Odisea a que lle dediquei no seu momento a entrada "Tarxeta vermella").

Pero resulta que non serve o cursiño nin serve a tarxeta.

Non me poden contratar se non lle arrimo outro cursiño de vinte horas mínimo.

Por suposto que acerqueime axiña á Fundación e deixei arranxada a cousa. Como? Pois pagando 150 € por ese cursiño de vinte horas.

Pago por adiantado e sen garantías de que me contraten.

Canto máis frío, menos roupa!

Visto lo visto, e non quero medilo vento a ferrados, paréceme que a TPC serve de ben pouco.

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.