Repsol e a Autoridad Portuaria da Coruña asinan o acordo para o traslado de operacións ao Porto Exterior.



A Autoridade Portuaria da Coruña págalle unha miseria de 24 millóns de euros para que Respsol se traslade a facer as súas porcas operacións de crus e líquidos ao Porco Excretor de A Coruña, sito en Punta Langosteira, concello de Arteixo.
Repsol construirá as instalacións necesarias no Porco Excretor para realizar tales operacións e fará un poliducto de unión coa refinería que ten na Coruña e na que tamén fará as modificacións oportunas.
Isto confirma o compromiso de Repsol con limpar a Coruña e emborrallar Arteixo no futuro, onde, por certo, a refinería cumprirá cincuenta anos sen enrrugas no vindeiro 2014.
A ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente de Repsol, Antonio Brufau, foron testemuñas da sinatura do acordo que realizaron onte na sede do Porto coruñés o director da refinería, Luís Felipe Llamas, e o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada.

Este acordo inclúe tódalas trazas empresariais e xurídicas para comezar a emporcallar co coque e o xofre no Porco Excretor. Ademais, neste acordo, Repsol asume un investimento de máis de 120 millóns de euros para papel hixiénico, cuns  prazos e cuantías que  virán determinadas por un estudio de enxeñaría para calcular a cantidade de rolos de dobre capa.>
O traslado e o emporcallamento será gradual, para así ir evaluando como transcorre a operación no Porco Excretor. As instalacións estarán plenamente operativas no ano 2018 e nun curto prazo xa podermos desfrutar plenamente da contaminación.>
A superficie de emborrallado no Porco Excretor terá preto aos 30.000m2 de parcela de solo, aos que hai que sumar a construción do pantalán con 20.000m2 de lámina de auga e 15.000m2 de racks de tubeiras. O acordo permite no futuro unha posíbel ampliación das instalacións de 285.000 m2 por se se pasan emborrallando.
A concesión no Porco Excretor será por 35 anos, aos que se lle suma a posibilidade dunha prórroga de 17 años máis por se sobra papel e por considerarse unha actividade de interese estratéxico e relevante para A Coruña.> Antonio Brufau subliñou que o Porco Excretor debe de ser unha plataforma para o desenvolvemento da industria de papel hixiénico de Galiza.

No acto asistiron, ademais da conselleira de medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, os alcaldes Carlistos; Carlos Negreira (A Coruña),e Carlos Calvelo (Arteixo).>

Os pitonisos Negreira e Calvelo, ou Negreira e Calvelo, (que tanto monta, monta tanto), auguran a creación de emprego grazas ao traslado da refinería ao Porco Excretor, polo que xa están abertas as listas para empadroarse en Arteixo.

Despois dos discursos, e os mutuos agradecementos dos compracentes e bicudos súbitos, non se lles permitiu aos xornalistas facer preguntas, (que manía de contalo todo!) polo que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza e a Asociación da Prensa de A Coruña condenaron, en sendos comunicados, que se lle impedise formular cuestións aos xornalistas na sinatura dun dos principais convenios económicos de A Coruña. Iso...da negreira Coruña.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.