14 decembro 2013

O PSdG-PSOE de Arteixo deixa o local da Avd Fisterra polo traslado da súa sede a outro lugar e non por motivos económicos, como da a entender o xornal  "La Voz de Galicia".

Calvelo xa presentou unha solicitude na Consellería do Mar para que Arteixo teña voz e voto no consello  do porto exterior.

13 decembro 2013

O concello arteixán busca figurantes para acompañar ás carrozas da cabalgata de Reis. A quen poda interesar,  (que os nen@s non teñen culpa), información na web do concello.

12 decembro 2013

Segundo Montoro España xa está saíndo da crise económica "aínda que non o recoñezan algúns insensatos", e o PP voltará a gañar as eleccións porque os mercados non son gilipollas"

09 decembro 2013

Tras cinco anos de goberno do PP e outros tantos de recortes nos servizos públicos, os profesionais da sanidade galega convocaron a primeira folga da era Feijóo.


08 decembro 2013

Por mor da renuncia da primeira adxudicataria, Innova, as actividades de Servicios Sociais foron retrasadas, sen maior explicación, ata que lle foron adxudicadas a empresa Axiña.

PSOE e BNG recorren as contas que o goberno local aprobou en solitario en setembro e que incumplen a lei ao incrementar irregularmente a plantilla.