31 decembro 2015

O PSOE de Arteixo reclámalle aos alcaldes da área que aborden a supresíon da peaxe da AG-55.

A teoría de Darwin en entredito.



22 decembro 2015

O BNG perde aos dous representantes que tiña no Congreso.

O crecemento de En Marea, asociada a Podemos, Esquerda Unida e Anova, entre outras forzas, sorprenden aos partidos tradicionais.

21 decembro 2015

O PP é o partido máis votado. Aínda que non ten nada doado  formar goberno  para que Mariano Rajoy volva a ser presidente.


17 decembro 2015

Un rapaz propina unha puñada a Rajoy durante un paseo electoral en Pontevedra.

11 decembro 2015

20 outubro 2015

06 outubro 2015

O presidente da Xunta prepara políticas sociais e presentará uns orzamentos con fondos contra a desigualdade económica.

05 outubro 2015

Feijóo remodelou onte, domingo, a composición do seu goberno nomeando tres novos conselleiros.

A NASA atopa novas probas de auga líquida en Marte. 


26 setembro 2015

Feijóo seriamente tocado por mor de estar imputada  parte da súa cúpula da Xunta e do PP galego.

A dous días do 27S, medio goberno e a cúpula do PP deciden pórse  a falar en catalán.

15 setembro 2015

A asemblea informativa sobre o convenio  da reitoral,  emprazada para hoxe no parque do balneario, queda posposta por mor do temporal.

Grazas ao brote de  solidaridade do  PP, Rajoy acepta falar sobre o número de refuxiados.

13 setembro 2015

Ana Pastor anunciou que a conexión vial con Punta Langosteira estará rematada polo Nadal.

Segundo Feijóo, o acordo previo sobre o leite é o máximo legal posíbel.

02 setembro 2015

Namentres Feijóo practicaba o castelán o embaxador nipón fala o galego após asinar un convenio para promover conxuntamente os camiños de Santiago e o da illa nipoa de Shikoku

01 setembro 2015

Feijóo non comparece perante a oposición no Parlamento para dar explicacións sobre a oleada de incendios forestais deste verán e as xestións realizadas polo seu goberno para mitigar a crise que sofre o sector gandeiro pola caída dos prezos do leite.

31 agosto 2015

A 'Lei Wert' afecta aos libros de texto por mor do incremento dos custes de edición, produción e financieiros, que finalmente pagarán as familias.

29 agosto 2015

O concello restaurará en A Queira, Loureda, a ponte da idade media coñecida por Ponte Nova.

28 agosto 2015

O alcalde defende o concelleiro de Medio Ambiente das críticas de PSOE e BNG, que esixían que dimitiese ou que fose destituido.

27 agosto 2015

O alcalde e o voceiro do PSOE discuten após falar sobre unha denuncia entre particulares, o derribo de Suevos e o pedimento da dimisión do concelleiro de Medio Ambiente.

26 agosto 2015

O voceiro do PSOE, Martín Seco, estivo dende a primeira hora para escoitar e apoiar aos veciños e incidiu en que pese as promesas de regularizar os núcleos próximos á costa, o PP de Arteixo ten metido o Plan Xeral nun caixón.

23 agosto 2015

Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, a súa concellería pouco pode facer por mellorar a calidade medioambiental xa que isto é competencia da Xunta.

20 agosto 2015

Os antitaurinos convocan unha protesta e piden o apoio do arcebispado para que non se fagan corridas en localidades polas que pasa o Camiño de Santiago.

A ponte de Sabón será recolocada sobre a estrada AC-551, para unir Vilarrodís coa área recreativa de O Seixedo, cun custo superior ao orzamentado nun principio.

17 agosto 2015

Medio Ambiente afirma que o número de vertedoiros ilegais están orixinados polos cascallos de pequenos arranxos domiciliarios e mudanzas.

15 agosto 2015

O 20° campionato de España de Autocross en Arteixo.

14 agosto 2015

O ministro do Interior, Jorge Fernández, responsábel de loitar contra a delincuencia, xuntouse na sede do ministerio con Rodrigo Rato, que ten tres causas penais abertas por corrupción.

O PP mina a confianza nas institucións e na democracia.


13 agosto 2015

Francisco Rivera Ordóñez corneado gravemente no baixo abdome.

01 agosto 2015

O concelleiro de Urbanismo sinala que o Concello  non resolveu quen é o responsábel de que o plan xeral aínda non saíra adiante.

28 xullo 2015

Por falar galego comentarios discriminatorios das monitoras a unha usuaria do campamento de verán organizado polo Centro Hípico Casa Novas de Arteixo.

15 xullo 2015

O BNG recollerá  sinaturas contra o convenio para reforma-la casa parroquial de Loureda.

Europa dá as costas aos recortes de Rajoy e non quere a De Guindos na presidencia do Eurogrupo.


13 xullo 2015

08 xullo 2015

Din por aí que Carlos Calvelo acaba de fixar o seu salario.

07 xullo 2015

Rajoy asegura que España colleu un bo rumbo co PP que o seu Executivo fixo, en materia económica, o que tiña que facer e que é dar un paso atrás se o PP non gaña as próximas eleccións.

O vindeiro mércores asemblea informativa do BNG a cerca da reforma da casa parroquial de Loureda. 

06 xullo 2015

O BNG denuncia o trato de favor do alcalde á igrexa ao arranxar a casa parroquial de Loureda con cargo ao presuposto municipal.

Pese á chantaxe interna e externa Grecia decidiu dicir non a novos recortes e á explotación das clases populares.

05 xullo 2015

A Xunta di que é por falta de competencia, porén, é por decisión exclusiva do Goberno da Xunta de Galiza ter o tramo autonómico co imposto de hidrocarburos máis elevado de todo o Estado.

03 xullo 2015

Segundo recalcan as ONG, a Lei Mordaza pon data de caducidade á resistencia pacífica.

01 xullo 2015

A voceira do BNG no Parlamento Europeo xa está en Madrid tras ser repatriada polas autoridades israelíes.