14 decembro 2013

O PSdG-PSOE de Arteixo deixa o local da Avd Fisterra polo traslado da súa sede a outro lugar e non por motivos económicos, como da a entender o xornal  "La Voz de Galicia".

Calvelo xa presentou unha solicitude na Consellería do Mar para que Arteixo teña voz e voto no consello  do porto exterior.

13 decembro 2013

O concello arteixán busca figurantes para acompañar ás carrozas da cabalgata de Reis. A quen poda interesar,  (que os nen@s non teñen culpa), información na web do concello.

12 decembro 2013

Segundo Montoro España xa está saíndo da crise económica "aínda que non o recoñezan algúns insensatos", e o PP voltará a gañar as eleccións porque os mercados non son gilipollas"

09 decembro 2013

Tras cinco anos de goberno do PP e outros tantos de recortes nos servizos públicos, os profesionais da sanidade galega convocaron a primeira folga da era Feijóo.