31 marzo 2014

Segundo as probas de Silvia Seixas do día 29, parece que non todo vai tan ben no bombeo do Rañal.

30 marzo 2014

O goberno aproba o novo recibo da luz. Dende o primeiro de abril, a factura reflectirá o prezo acotío do mercado maiorista.


28 marzo 2014

A Agrupación Teatral Mariñán trainos hoxe a Martini Seco o centro cívico de Arteixo...

23 marzo 2014

Fernando Ónega salienta que Suárez presumía moito do sangue galego que tiña por parte do seu pai.

As cargas policiais embafan o tramo final da Marcha pola Dignidade.

21 marzo 2014

...se alguén despertara a Deus, aos nosos deuses terrenais, que hostias divinas lles ían dar! (enténdase por Rubalcaba e Rajoy).

19 marzo 2014

...salvando o país.

18 marzo 2014

O concello de Arteixo dou asistencia xurídica nos últimos meses a máis de catrocentos afectados polos problemas das participacións preferentes e  as obligacións subordinadas.

A desvantaxe do ladró, chegar de segundo.

17 marzo 2014

A policía alerta de que a Gürtel entregou sobres de diñeiro negro a dirixentes do PP en Xénova 13.

16 marzo 2014

Por mor da crise nacen novos partidos e, grazas a protección do estado e aos recortes, algún cada vez ten máis afiliados.

Sen comertarios...da laconada do PP en Pastoriza.

O PP de Arteixo celebra a súa tradicional laconada no  mesón de Pastoriza.

15 marzo 2014

Breogán é o nome celta dun Café-Bar que se inaugurou onte no territorio do actual Vilarodís en, polo momento, concello de Arteixo. Moita sorte a Breogán, que é o mesmo que dicir a Oliver e a Mili.

14 marzo 2014

A crise é coma a costa de Oseiro. Fai suar o que a sube (o traballador), e baixaa moi descansado quen ven do contrario (o empresario).

O paro descende en España por que ante a falta de expectativas laborais, moitos traballadores, tanto españois coma estranxeiros (fluxos migratorios), optan por buscar traballo máis aló das  nosas fronteiras.
A oposición quere que o alcalde  explique a política de contratación do concello. O BNG leva anos pedindo explicacións de como contratan persoal as empresas adxudicatarias de servizos municipais.

 

12 marzo 2014

A obra foi adxudicada á UTE formada por Ferrovial e López Cao. Esperemos que cumpran o prezo ofertado e non haia incrementos durante a obra, por que o gañador suponse que conseguiu a obra pola mellora no prezo.

A protesta do cerco galego deriva nunha batalla campal ante o Parlamento. Os antidisturbios cargan brutalmente contra os manifestantes.

11 marzo 2014

O mesmo 11 de marzo de 2004, un sector do Partido Popular e medios coma 'El Mundo' ou 'La Cope' comezaron unha ofensiva mediática co obxetivo de vincular como fose os atentados terroristas con ETA. A campaña de intoxicación e mentiras prolongouse durante toda a década pasada.

Arteixo gasta 8.274 euros para cronometrar as intervencións plenarias.

10 marzo 2014

O 10 de marzo do 1972 os traballadores da Bazán, coa solidaridade da comarca, de Galiza e doutros lugares de España, enfrentábase contra a empresa e institucións políticas do franquismo, que negaban dignas condicións de vida e de traballo. Neste enfrentamento a policía franquista asasinaría a dous traballadores do naval ferrolá: Amador e Daniel.

09 marzo 2014

O desdobramento dos accesos da glorieta sufrirán un atraso de tres meses. Din que pola demora de Gas Natural á hora de retirar o gasoduto.

08 marzo 2014

Cada 8 de marzo recórdase a morte de 129 traballadoras na fábrica téxtil Cotton de Nova York no ano 1857.Por certo,en España a presenza de deputadas no Congreso non chega ao 40 %, o mínimo establecido pola denominada democracia paritaria.

06 marzo 2014

A aspirante a ocupar o cargo que deixou Pilar Souto presentouse no concello para informarse cando ten que pronunciarse.

05 marzo 2014

Dedicada aos mozos e mozas que deciden  pillar a maleta antes que aceptar un traballo precario.

UPyD esixe explicacións o alcalde de Arteixo despois de que trascendese que se cita o seu nome nunha serie de conversacións telefónicas no sumario da operación Pokémon.

O concelleiro de Obras de Arteixo está convencido de que non hai nada nas conversas  con Ángel Espadas, con quen tiña unha relación frecuente cando vivía en Santiago de Compostela.

04 marzo 2014

De Lara investiga un posíbel tráfico de influencias cometido en Arteixo.

A cúpula de Vendex admite os sobornos ante a evidencia das escoitas.

01 marzo 2014

Pilar Souto presenta a súa dimisión coma concelleira do PSOE de Arteixo e aproveita para comentar que non ve a Martín Seco coma futuro alcalde do noso concello.