30 abril 2014

Segundo Rajoy, neste curso hai o maior número de becados da historia.

Moitas familias galegas teñen a todos os membros sen traballar e non reciben ingreso ningún.


...e a pomada marca Rajoiano non fai máis que agravar as almorrás do cu de Europa e do cu de España.

29 abril 2014

O concello acabou a limpeza da lagoa do paseo fluvial coa recollida de 960 toneladas de residuos.

...co  mellor  que faga o demo un pandeiro.

25 abril 2014

Martín Seco quere pregúntarlle, ao goberno local que preside Calvelo, se se entera algo do que pasa no porto exterior coas descargas do clínker.

24 abril 2014

Un queixo para Manolo dos Queixos.

22 abril 2014

Todo o bo remata; tamén as vacacións de Semana Santa.


O BNG preguntará no pleno do vindeiro xoves polo material das casetas da praia afectada polo pasadotemporal.

20 abril 2014

Un hotel no que buscaba traballo recomendoulle a unha madrileña non incluír o galego coma mérito no currículo.

18 abril 2014

Morre o escritor Gabriel García Márquez aos 87 anos no seu domicilio en México.

Fátima Báñez afirma que a recuperación "vai sobre rodas", xa que España lidera a baixada de desemprego en Europa.

16 abril 2014

Non hai un euro neste país para cubrir primeiras necesidades, (infantís por exemplo), pero sí hai para gastar unha morea en ferramentas recaudadoras.

14 abril 2014

A ‘Gürtel’ organizara a presentación do helicóptero no que se estrellaron Rajoy e Aguirre. O acto fora posto en entredito pola UDEF, (Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal), xa que se fixeran facturas falsas.

13 abril 2014

Segundo Bárcenas, as gafas, o traxe, o novo despacho de Rajoy..., todo foi pagado con diñeiro negro. Non sabía nada Rajoy?, non se preguntou como se pagou o traxe que levaba posto cando se facía as fotos para a campaña, nin como se pagou o seu novo e luxoso despacho?

Calvelo di que Aqualia reclamaralle responsabilidades aos concelleiros.

12 abril 2014

A oposición de Arteixo acusa a Obras e a Promoción Económica de falta de transparencia.

11 abril 2014

Unanimidade en Bruselas sobre Cañete: "Será un excelente comisario"

10 abril 2014

O Concello de Arteixo insta ao goberno de España a reconsiderar a aplicación do tipo xeral do IVE do 21% aos servizos de perruquería e volver a aplicar o tipo reducido  do 10% a ditos servizos.

09 abril 2014

"É verdade que lle dixen "; qué, multiña e bronquita, non?'. Estaba claro que querían montar alí un espectáculo diante de todo o mundo para que me viran".

08 abril 2014

O informe de Cáritas pon de manifesto que a poboación española é unha das máis afectadas pola crise en Europa.

A Xunta prohíbe aceptar agasallos de máis de noventa euros a toda a súa plantilla.

05 abril 2014

Segundo Rajoy, en España segue habendo un sistema sanitario público e gratuito, non se cerrou ningún hospital, hai unha educación pública, segue habendo prestacións polo desemprego e defendiuse o Estado de benestar.

Mañá a Peña Autocross Arteixo comeza a tempada de carreiras coa primeira sesión de entrenamentos libres no circuíto José Ramón Losada.

04 abril 2014

O bus pasa polo núcleo de Santaia pero non recolle aos veciños porque a parada non figura na súa liña. Os veciños pídenlle a Calvelo que se preocupe de que Santaia teña por fin unha parada de bus.

03 abril 2014

Segundo o portavoz do grupo socialista, este uso dos vehículos oficiais por parte dos concelleiros do PP non é un feito aillado.