07 febreiro 2014

O sumario da operación Pokemon recolle conversacións e contactos entre o alcalde, Carlos Calvelo, e o concelleiro de obras, José Ramón Amado, co delegado de Vendex en Galiza, José María Tutor.

A presunta trama de corrupción salpica aos alcaldes de Sada, Arteixo e Carral.

04 febreiro 2014

Segundo a oposición, o alcalde en vez de defender o municipio acata ordenes dos seus xefes, xa que votou en contra dunha proposta que lle permitiría a Arteixo recibir preto de 80.000 euros da Diputación.

O temporal  destroza as praias arteixáns e, asemade, as bandeiras!

02 febreiro 2014

Arteixo sacará a concurso un contrato da luz para aforrar 500.000 €. Porén, a cuantía da adxudicación estará incrementada máis que a anterior, segundo o responsábel de obras, por mor de que o concello sacará un único paquete no que vai incluída a auga.

01 febreiro 2014

Os técnicos e funcionarios que supervisan as infraestructuras denuncian que os problemas da rede provocan que se perda o 60% do contido dos depósitos.

Jaime Mayor Oreja non repetirá coma candidato nas próximas eleccións europeas. Será por que  non está "en sintonía" co presidente do goberno?

O xuíz instructor José Castro sostén no seu auto que Cristina de Borbón foi cooperadora necesaria dos delitos do seu marido, Iñaki Urdangarin.