12 marzo 2014

A obra foi adxudicada á UTE formada por Ferrovial e López Cao. Esperemos que cumpran o prezo ofertado e non haia incrementos durante a obra, por que o gañador suponse que conseguiu a obra pola mellora no prezo.

A protesta do cerco galego deriva nunha batalla campal ante o Parlamento. Os antidisturbios cargan brutalmente contra os manifestantes.

11 marzo 2014

O mesmo 11 de marzo de 2004, un sector do Partido Popular e medios coma 'El Mundo' ou 'La Cope' comezaron unha ofensiva mediática co obxetivo de vincular como fose os atentados terroristas con ETA. A campaña de intoxicación e mentiras prolongouse durante toda a década pasada.

Arteixo gasta 8.274 euros para cronometrar as intervencións plenarias.

10 marzo 2014

O 10 de marzo do 1972 os traballadores da Bazán, coa solidaridade da comarca, de Galiza e doutros lugares de España, enfrentábase contra a empresa e institucións políticas do franquismo, que negaban dignas condicións de vida e de traballo. Neste enfrentamento a policía franquista asasinaría a dous traballadores do naval ferrolá: Amador e Daniel.

09 marzo 2014

O desdobramento dos accesos da glorieta sufrirán un atraso de tres meses. Din que pola demora de Gas Natural á hora de retirar o gasoduto.

08 marzo 2014

Cada 8 de marzo recórdase a morte de 129 traballadoras na fábrica téxtil Cotton de Nova York no ano 1857.Por certo,en España a presenza de deputadas no Congreso non chega ao 40 %, o mínimo establecido pola denominada democracia paritaria.

06 marzo 2014

A aspirante a ocupar o cargo que deixou Pilar Souto presentouse no concello para informarse cando ten que pronunciarse.