17 marzo 2014

A policía alerta de que a Gürtel entregou sobres de diñeiro negro a dirixentes do PP en Xénova 13.

16 marzo 2014

Por mor da crise nacen novos partidos e, grazas a protección do estado e aos recortes, algún cada vez ten máis afiliados.

Sen comertarios...da laconada do PP en Pastoriza.

O PP de Arteixo celebra a súa tradicional laconada no  mesón de Pastoriza.

15 marzo 2014

Breogán é o nome celta dun Café-Bar que se inaugurou onte no territorio do actual Vilarodís en, polo momento, concello de Arteixo. Moita sorte a Breogán, que é o mesmo que dicir a Oliver e a Mili.

14 marzo 2014

A crise é coma a costa de Oseiro. Fai suar o que a sube (o traballador), e baixaa moi descansado quen ven do contrario (o empresario).

O paro descende en España por que ante a falta de expectativas laborais, moitos traballadores, tanto españois coma estranxeiros (fluxos migratorios), optan por buscar traballo máis aló das  nosas fronteiras.
A oposición quere que o alcalde  explique a política de contratación do concello. O BNG leva anos pedindo explicacións de como contratan persoal as empresas adxudicatarias de servizos municipais.

 

12 marzo 2014

A obra foi adxudicada á UTE formada por Ferrovial e López Cao. Esperemos que cumpran o prezo ofertado e non haia incrementos durante a obra, por que o gañador suponse que conseguiu a obra pola mellora no prezo.

A protesta do cerco galego deriva nunha batalla campal ante o Parlamento. Os antidisturbios cargan brutalmente contra os manifestantes.

11 marzo 2014

O mesmo 11 de marzo de 2004, un sector do Partido Popular e medios coma 'El Mundo' ou 'La Cope' comezaron unha ofensiva mediática co obxetivo de vincular como fose os atentados terroristas con ETA. A campaña de intoxicación e mentiras prolongouse durante toda a década pasada.

Arteixo gasta 8.274 euros para cronometrar as intervencións plenarias.