A ‘Gürtel’ organizara a presentación do helicóptero no que se estrellaron Rajoy e Aguirre. O acto fora posto en entredito pola UDEF, (Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal), xa que se fixeran facturas falsas.
Segundo Bárcenas, as gafas, o traxe, o novo despacho de Rajoy..., todo foi pagado con diñeiro negro. Non sabía nada Rajoy?, non se preguntou como se pagou o traxe que levaba posto cando se facía as fotos para a campaña, nin como se pagou o seu novo e luxoso despacho?