09 maio 2014

...un arteixán detido por roubar nunha cafetería da localidade.


O vindeiro sábado, 10 de Maio, a Peña Autocross Arteixo organiza a primeira proba da temporada puntuábel para o Campionato Galego.

08 maio 2014

O BNG denuncia que o alcalde negouse a informar sobre o Plan Sectorial de Áreas Empresariais antes de que a Xunta o aprobase e que convocou o pleno solicitado polos veciños un mes despois de que rematase o prazo de alegacións.

07 maio 2014

...dando ideas o PP. Copago para os que provocan lesións cervicais. (idea dun arteixán feo)

...Podemos, o partido de "frikis" de Pablo Iglesias, segundo Arriola, gurú de Rajoy, vai ser que algo molesta.

Despois de prometer, fai tres anos xa, que ía a dotar en tres meses dos servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear pedidos polo HULA , Feijóo cambia todo o pedido e alonga o plazo en dous anos máis.

06 maio 2014

Segundo Rajoy estamos mellor co ano pasado e o ano que ven aínda vamos a estar mellor.

Os forenses alertan sobre o aumento no último lustro dos casos de anciáns galegos que morren nas súas casas e son atopados días despois.

05 maio 2014

...alguén díxome que só polas saias non ía adiviñar quen era quen. Asi que dinlle cor a viñeta para despexarlle as dúbidas. O Blanco é o máis moreno.

04 maio 2014

A Luís e a Carlos, camareiros nocturnos do Menú do día, e para un tal Luís Davila; que non Dávila, quen me agasallou cun gaiteiro, vaille esta viñeta de gaitas danzarinas.

03 maio 2014

Rajoy promete noticias positivas para os españois nos vindeiros días.