16 maio 2014

Debido a que o libro preferido de Feijóo é "poemas gallegos" de Rosalía de Castro, Silvia Seixas pide urxentemente unha reforma educativa.

...de novo bandeiras azuis para as prais de Arteixo. Arteixo calidade.

...traballar é cousa de ricos. Os pobres non traballan(mos), son(mos) escravos.

13 maio 2014

... todo varía proporcionalmente segundo o ángulo dende onde se mira.


12 maio 2014

Alarma nas parroquias de Oseiro, Pastoriza e Meicende polos continuos roubos.


...Risco deixa moi claro a diferenza entre dar de e dar o.


11 maio 2014

Encontro aciago.


10 maio 2014

Segundo Rajoy, no ano 2015 España vai medrar por riba da media da Unión Europea.


Martín Seco esixelle ao alcalde que dea información sobre a influencia que terá para o concello o plan sectorial de parques empresariais de Galiza promovido pola Xunta.