30 agosto 2014

Un médico substituto no centro de saúde de Arteixo remitiu unha queixa á Consellería de Sanidade polas deficiencias que presenta o ambulatorio.

29 agosto 2014

María Riveiro sacou peito no pleno pola boa xestión do equipo de Calvelo que pasou de dedicar algo máis de 27.000 euros en vales de alimentación no 2011 aos 51.000 do pasado exercicio.

Alberto Castro, concelleiro de Urbanismo do noso Concello, fixo pleno cando soltou semellante perla nun ídem "Oxalà poidera ser corrupto, oxalà fora tan importante". Ser importante igual non é doado, pero, ser corrupto, non é tan dificil ho!

28 agosto 2014

Terra Galega decide apoiar, "con algunha modificación para melloralo", o Trazado 2 do tren a Punta Langosteira.

27 agosto 2014

Merkel está moi contenta de que o seu Rajoy teña feito case todo o que ela quería: máis impostos e máis austeridade.

Calvelo convida á oposición a subirse ao tren que pasa polo polígono privado de Vío. Trazado que, din por aí, el e Negreira defenden con especial interés.