03 setembro 2014

"Cumprimos co noso obxetivo de bloquear a peaxe durante un anaco para facernos ver para esixir a súa gratuidade", explica Xabier Maceiras, concelleiro do BNG.

30 agosto 2014

Un médico substituto no centro de saúde de Arteixo remitiu unha queixa á Consellería de Sanidade polas deficiencias que presenta o ambulatorio.

29 agosto 2014

María Riveiro sacou peito no pleno pola boa xestión do equipo de Calvelo que pasou de dedicar algo máis de 27.000 euros en vales de alimentación no 2011 aos 51.000 do pasado exercicio.

Alberto Castro, concelleiro de Urbanismo do noso Concello, fixo pleno cando soltou semellante perla nun ídem "Oxalà poidera ser corrupto, oxalà fora tan importante". Ser importante igual non é doado, pero, ser corrupto, non é tan dificil ho!

28 agosto 2014

Terra Galega decide apoiar, "con algunha modificación para melloralo", o Trazado 2 do tren a Punta Langosteira.