01 setembro 2015

Feijóo non comparece perante a oposición no Parlamento para dar explicacións sobre a oleada de incendios forestais deste verán e as xestións realizadas polo seu goberno para mitigar a crise que sofre o sector gandeiro pola caída dos prezos do leite.

31 agosto 2015

A 'Lei Wert' afecta aos libros de texto por mor do incremento dos custes de edición, produción e financieiros, que finalmente pagarán as familias.

29 agosto 2015

O concello restaurará en A Queira, Loureda, a ponte da idade media coñecida por Ponte Nova.

28 agosto 2015

O alcalde defende o concelleiro de Medio Ambiente das críticas de PSOE e BNG, que esixían que dimitiese ou que fose destituido.

27 agosto 2015

O alcalde e o voceiro do PSOE discuten após falar sobre unha denuncia entre particulares, o derribo de Suevos e o pedimento da dimisión do concelleiro de Medio Ambiente.

26 agosto 2015

O voceiro do PSOE, Martín Seco, estivo dende a primeira hora para escoitar e apoiar aos veciños e incidiu en que pese as promesas de regularizar os núcleos próximos á costa, o PP de Arteixo ten metido o Plan Xeral nun caixón.