01 setembro, 2015

Galiza está quente

Feijóo non comparece perante a oposición no Parlamento para dar explicacións sobre a oleada de incendios forestais deste verán e as xestións realizadas polo seu goberno para mitigar a crise que sofre o sector gandeiro pola caída dos prezos do leite.