22 xullo 2016

O Tribunal de Contas sostén que trinta mil mortos cobran pensión.


21 xullo 2016

Os veciños do  Quinto Pino levan  un ano enteiro sen poder usar as paradas do autobús  porque Fomento desviou o trazado da estrada e desprazounas coas obras do acceso a Langosteira.

20 xullo 2016

O PP logra a presidencia do Congreso co apoio de Ciudadanos e o voto en branco de nacionalistas vascos e cataláns.

Ana Pastor é elexida como presidenta do Congreso na segunda volta da votación "secreta". Os nacionalistas axudan a Rajoy para que poida controlar o Congreso e asegúrase o control da Cámara.

15 xullo 2016

O goberno municipal de Arteixo quere que as administracións colaboren para estudar a situación da peaxe de Pastoriza da mesma forma que o fixeron no seu día para eliminar a  da Barcala.


05 xullo 2016

Dimite a cúpula do PP de Palma por unha presunta trama de corrupción na Policía Local.

03 xullo 2016

Máis de 250 vehículos participan na protesta organizada polo "alcalde" para esixir a eliminación do pago na AG-55.

02 xullo 2016

Unha vez máis, os  xornais esquencen nomear à Plataforma social creada para esixir o mesmo que o goberno do concello de Arteixo.

01 xullo 2016

Segundo certo xornal, xa non pode haber máis distancia entre o goberno e a oposición. Crece a desunión en Arteixo pola guerra da peaxe.

A Agrupación Socialista de Arteixo acudirá á convocatoria dunha caravana reivindicativa para a liberalización da peaxe da AG-55 en Pastoriza, baseada nun acordo unánime de tódolos grupos da corporación arteixá.