27 novembro 2016

Hoxe cúmprese un ano do falecemento de Xosé Neira Vilas. A TVG lembra con Roi Casal o cabodano de Neira Vilas e emitirá o concerto de Roi en Santiago, ‘Son galego, son cubano’, disco no que puxo música as letras do escritor.

26 novembro 2016

Aos 90 anos de idade, morre  Fídel Castro, líder histórico da revolución cubana.

25 novembro 2016

A pegada alaranxada Schweppes de José Figueiras entre os xogadores da categoría inferior do Penouqueira.

Hoxe, en "Crónicas de Arteixo", un  artigo que aborda sobre a emigración ao Uruguai de José Figueiras, o "Mariñeiro".

Pemex tomba as promesas de Feijóo e descarta outro flotel e os 14 remolcadores.

O Concello ten facturas sen abonar que superaron os 60 días do prazo legal de pago, segundo o informe de morosidade elaborado polo departamento de Tesouraría.

24 novembro 2016

O centro Cívico de Arteixo acollerá esta noite a cuarta edición da Gala de Deporte Base da Coruña que organizarán conxuntamente o concello arteixán e a entidade Áurea 5.

A Sala Segunda do Tribunal Supremo arquivará a causa aberta á senadora, Rita Barberá, por falecer.

21 novembro 2016

Os alcaldes de Arteixo, Abegondo e Carral, ao non haber maioría absoluta no pleno, non asinaron o mes pasado a declaración promovida pola Coruña para impulsar a creación da área metropolitana coruñesa.

O  traspaso da AP-9 será a primeira petición que faga Núñez Feijóo a Madrid.

19 novembro 2016

Carlos Calvelo decidiu presentarse á próxima convocatoria de fondos europeos coa que espera lograr cinco millóns de euros para Arteixo. 

"Pitos" Mosquera, todo un persoeiro da nosa bisbarra en "Crónicas de Arteixo".

16 novembro 2016

O PSdeG-PSOE de Arteixo solicita unha urxente inversión en iluminación para o núcleo de Meicende.

15 novembro 2016

O Judo Club Arteixo proclamouse o pasado fin de semana campión da liga internacional Cidade de Ourense de 1ª División.

Feijóo decidiu manter exactamente aos mesmos dez membros do seu Executivo e con idénticas atribucións.

14 novembro 2016

Feijóo toma posesión reivindicándose ante Rajoy e ao son de medio centenar de gaitas.

AIRE, a asociación fundada polos bombeiros do parque de Sabón, encara novos retos tras completar os labores de rescate en Katsikas.

11 novembro 2016

Un pouco sobre  a historia do Balneario de Arteixo en " Crónicas de Arteixo".

09 novembro 2016

Na súa declaración de patrimonio, Carlos Calvelo,  indica que só ten un Toyota Verso que adquiriu no ano 2011.

06 novembro 2016

A ministra Cospedal resístese a perder o control e a dirección do PP e quere compatibilizar ámbolos dous cargos.
A proposta de Arteixo consiste en que Fomento descarte a construción da prolongación do acceso ao porto exterior e destine eses fondos para negociar a supresión da peaxe da AG-55 entre A Coruña e Arteixo.

05 novembro 2016

Os veciños sinalan á Refinaría como responsable deste po. Repsol sinala que non ocorreu nada estraño no seu funcionamento durante os últimos días.

Algo de historia da antiga liña de trolebuses A Coruña-Carballo en "Crónicas de Arteixo".