21 setembro 2016

Veciños do Quinto Pino denuncian que levan sen servizo de autobús desde hai un ano. A poucos días dos comicios galegos o Concello anuncia que os traballos comezarán a finais desta semana.

19 setembro 2016

O Tribunal Supremo investiga á aforada, Rita Barberá, por presunto branqueo de capitais, e Rajoy evita pronunciarse sobre se debe renunciar ao escano no Senado.

18 setembro 2016

Unha das anécdotas da declaración de Calvelo aparece no apartado no que debe informar os seus depósitos en contas correntes e aforros. Aí o alcalde simplemente escribiu "que se fagan públicas".

Calvelo asegura na súa declaración, que só pode verse na Deputación, que a súa única propiedade é un coche.

17 setembro 2016

Rita Barberá dáse de baixa no PP pero aférrase ao escano no Senado. O partido asegura que lle gustaría que  tamén deixase o Senado, pero ela expuxo dende o principio que o escano era seu.

"Crónicas de Arteixo", O municipio arteixán  tería a súa primeira Casa Consistorial nunha pequena vivenda da Baiuca.