19 outubro 2016

O 29 de Outubro Romaría de San Miguel de Pastoriza.

Outra sobre o discurso perlado de Rajoy na rexión de Murcia.

Este sábado o presidente do Goberno de España visitou a rexión de Murcia e pronunciou un bo discurso: "O máis importante que se pode facer por vós é o que vós poidades facer por vós".

18 outubro 2016

Sabela é a creadora das viñetas de Historias de Icía e Avoa. Comezou a crealas en 2003 e son publicadas en varios medios. Trátase dunha conversación entre unha avoa e a súa neta na que pon de manifesto a súa visión da vida, non sen certa ironía.

17 outubro 2016

Lembrar que tódolos anos, no terceiro fin de semana de outubro, Arteixo ofrece a posibilidade de viaxar á época de 1900.

16 outubro 2016

Unha anécdota moi parrandeira do crego don Claudio en "Crónicas de Arteixo".

15 outubro 2016

As rúas de Arteixo enchéronse de veciños que se enfundaron en roupaxes propias de 1900 na XVII Feira Histórica, que nesta edición homenaxea aos circos.

Gastando 770.000 euros nunha gran cuberta, o concello dá coa fórmula para dinamizar o campo da festa nos días de choiva.

14 outubro 2016

O Premio Nobel de Literatura outorgado ao cantautor estadounidense supón unha afronta para os literatos de todo o mundo e abre inquietantes posibilidades. É o fin da literatura?.