30 outubro 2016

O concello de Arteixo retomou a celebración da romaría de San Miguel de Pastoriza e onte rematou a festa  cos concertos do acordeonista Andrés Penabad e Luar na Lubre.

29 outubro 2016

O candidato do PP sumou 170 votos a favor (os dos deputados do PP, os de Ciudadanos e o de Coalición Canaria) e a abstención de 68 deputados do PSOE.

Dous deputados do Psoe marcharon ofendidos porque un deputado independentista referiuse ao Psoe como o "Psoe Iscariote", tras anunciar este a súa abstención para permitir a gobernabilidade de Rajoy. 

28 outubro 2016

Este sábado, ó peche do FIOT 25, festa. Entrada á sala Dublín 3€; saída, gratis en tódalas direccións.

Os edís entraron no pleno cunha camiseta para rexeitar a decisión de permitir que o PP se faga co Goberno central.

"Crónicas de Arteixo" dedicalle un artigo a Nelson Cedeira, fillo dun arteixán da Catuxa emigrado a Uruguai, que rexenta o local que leva o nome do seu último equipo de fútbol: Fénix.