27 novembro 2016

Hoxe cúmprese un ano do falecemento de Xosé Neira Vilas. A TVG lembra con Roi Casal o cabodano de Neira Vilas e emitirá o concerto de Roi en Santiago, ‘Son galego, son cubano’, disco no que puxo música as letras do escritor.

26 novembro 2016

Aos 90 anos de idade, morre  Fídel Castro, líder histórico da revolución cubana.

25 novembro 2016

A pegada alaranxada Schweppes de José Figueiras entre os xogadores da categoría inferior do Penouqueira.

Hoxe, en "Crónicas de Arteixo", un  artigo que aborda sobre a emigración ao Uruguai de José Figueiras, o "Mariñeiro".

Pemex tomba as promesas de Feijóo e descarta outro flotel e os 14 remolcadores.

O Concello ten facturas sen abonar que superaron os 60 días do prazo legal de pago, segundo o informe de morosidade elaborado polo departamento de Tesouraría.

24 novembro 2016

O centro Cívico de Arteixo acollerá esta noite a cuarta edición da Gala de Deporte Base da Coruña que organizarán conxuntamente o concello arteixán e a entidade Áurea 5.

A Sala Segunda do Tribunal Supremo arquivará a causa aberta á senadora, Rita Barberá, por falecer.