02 decembro 2016

En "Crónicas de Arteixo", Suso e José Ramón, pillados polos pelos.

Calvelo ordenou "anular" os traballos que acababa de contratar a concellaría de Obras para mellorar a circulación na contorna da rotonda de Bajamar.

Hoxe, sobre as 18:00, comezará a recepción do carteiro real na Avda do Balneario e, amais, haberá degustación gratuita de chocolate quente. Ás 19:00 horas, na mesma rúa, Arsenio Iglesias acenderá a iluminación do Nadal.

27 novembro 2016

Hoxe cúmprese un ano do falecemento de Xosé Neira Vilas. A TVG lembra con Roi Casal o cabodano de Neira Vilas e emitirá o concerto de Roi en Santiago, ‘Son galego, son cubano’, disco no que puxo música as letras do escritor.

26 novembro 2016

Aos 90 anos de idade, morre  Fídel Castro, líder histórico da revolución cubana.