28 febreiro 2017

Aznar di que se seguimos así será difícil pagar as pensións polo que hai que xubilarse aos 70 anos.

"Crónicas de Arteixo", ...que de cando te convidaban a tomar un café o máis fácil era que cho servisen con sal para gastarche unha entroidada.

26 febreiro 2017

"Crónicas de Arteixo"; ..."O que máis ofrece leva a peza de carne para a casa, e os cartos quedan a beneficio das ánimas do purgatorio. Aínda que en moitos casos o que trae unha peza é logo o que máis poxa por ela".

25 febreiro 2017

"Crónicas de Arteixo"; nos entroidos de Chamín, simulando un touro con cornos e rabo de toxo, turraban e couceaban a quen se puxera por diante.

24 febreiro 2017

Urdangarin queda en liberdade provisional sen fianza e seguirá vivindo en Suíza.

22 febreiro 2017

En "Crónicas de Arteixo" toca do que foi a tradición do Entroido en Souto de Uxes.

19 febreiro 2017

"Crónicas de Arteixo" recua aos entroidos en Uxes  e en como Cándido de Morás, O Gaiteiro, poñíase a cantar e a recitar coplas enriba dun tablado.

18 febreiro 2017

17 febreiro 2017

O PSOE reclama ao Goberno local de Arteixo que aprobe unha ordenanza que regule a instalación de terrazas por parte dos establecementos hostaleiros.

16 febreiro 2017

O Concello recorrera a sentenza  que lle obrigaba a indemnizar aos propietarios con 120.744 euros pola cesión duns terreos para a obra do paseo fluvial.

O alcalde pedirá unha reunión con Fomento sobre a AG-55 tras un contacto co ministro.

O concurso de tapas  que organiza o Centro Comercial Aberto de Arteixo arrincará este xoves con 600 euros en premios.

15 febreiro 2017

"Cronicas de Arteixo" recua no tempo a uns entroidos onde os burros ían con pantalóns facendo as súas necesidades.

11 febreiro 2017

Perruquería Canina Hocicalados: un servizo especial e diferente de estilismo. Con corte de uñas, limpeza e depilación de oídos, amais de tratamentos para o pelo e pel da mascota.

Daniel e Carmen, os pioneiros arteixáns das viaxes a Portugal, en "Crónicas de Arteixo".

05 febreiro 2017

A futura piscina de Meicende estará situada nos terreos que hai entre a gasolineira e o encoro. Así o desvelou o alcalde e o concelleiro de Urbanismo  nunha presentación para a prensa.

04 febreiro 2017

Arteixo inicia os trámites ante a Xunta para regularizar cinco núcleos da súa zona costeira.


Anticorrupción revisa as 13 horas de confesión de Correa por se cabe reabrir a caixa B do PP.

Por mor do enfrontamento entre Pablo Igrexas e Íñigo Errejón, Carolina Bescansa dimite dos seus cargos en Podemos.

03 febreiro 2017

Hoxe, en "Crónicas de Arteixo", a experiencia de Suso García na entidade madridista, e que non resultou todo o positiva que el agardaba, polo que, aos tres meses, volta a Galiza para  xogar no cadro xuvenil do Racing de Ferrol.

Outra vertedura química mata  peixes no río Bolaños ao seu paso por Sabón.