03 febreiro 2017

Hoxe, en "Crónicas de Arteixo", a experiencia de Suso García na entidade madridista, e que non resultou todo o positiva que el agardaba, polo que, aos tres meses, volta a Galiza para  xogar no cadro xuvenil do Racing de Ferrol.

Outra vertedura química mata  peixes no río Bolaños ao seu paso por Sabón.

30 xaneiro 2017

O presidente Feijóo  rexeitou  a implantación dunha tarifa eléctrica propia para Galiza, xa que, segundo el, en España non se entendería que se pagase de forma distinta.

28 xaneiro 2017

A Fiscalía investiga ao Concello pola a falta de seguridade no cruzamento do paseo do Santuario coa travesía de Pastoriza.

As asociacións de veciños de Arteixo poden informar ao Concello de calquera incidencia relacionada con obras e medio ambiente mediante unha aplicación que estará dispoñible a través da páxina web municipal.