30 xuño 2016

A oposición abandona a sesión plenaria do Concello por mor dunhas actitudes que en democracia non se poden consentir. foi ao pleno a falar; sobre accesibilidade, sobre especies invasoras e temas de instalacións deportivas. e non a oír os parrafeos do alcalde, que non teñen nada que ver co pleno.

O concello organiza unha caravana para reivindicar a supresión da peaxe na AG-55. Será o vindeiro dous de xullo. A saída partirá ás once horas na Avda. Arsenio Iglesias con dirección ao Porto.


29 xuño 2016

O PP, na Deputación da Coruña con Calvelo à cabeza, votou en contra da eliminación da peaxe.

A localidade de Uxes organiza  o 2 de Xullo unha xornada solidaria.Ás 18:00 charla sobre a situación dos refuxiados, ás 20:00 churrascada popular, e ás 21:00 concertos. ONG AIRE o 2 de xullo en favor dos refuxiados.

28 xuño 2016

Mañá, às 20:30 horas, no Centro Tecnolóxico de Arteixo, nova reunión aberta sobre a peaxe, en Arteixo, da Autoestrada Coruña-Carballo.
 
Predomina a visión pragmática de que se o país, a comunidade ou o concello marchan, a corrupción resulta aceptable.

27 xuño 2016

Rivera xa di que "nunca houbo veto a Rajoy"... dez días despois de vetalo.

O Partido Popular é inmune á corrupción e recupérase cunha rotunda vitoria de Mariano Rajoy en España.
Os españois preferiron ao Partido Popular que gañou as eleccións e cun resultado moi superior en votos e escanos ao que conseguiu no mes de decembro.

26 xuño 2016

A Garda Civil de Arteixo detén a dúas persoas por causar danos no muro perimetral da croa e das defensas do castro.O castro atópase en terreos de propiedade privada, próximos ao vertedoiro selado de Monticaño, e quedou destruído para realizar unha plantación de eucaliptos.

25 xuño 2016

Os candidatos chegan a esta repetición electoral, convocada ante a falta de acordo tras os comicios do pasado 20 de decembro,  sen detallar as súas opcións de pacto.


20 xuño 2016

Creación da plataforma para a eliminación da peaxe da autoestrada a Coruña-Carballo en Pastoriza, e a non construción do novo enlace dende Pocomaco. Martes 21 ás 20:00 horas no Auditorio do Centro Tecnolóxico de Arteixo.

19 xuño 2016

Se queres saber a verdadeira historia do burro de Arteixo, tédela na bitácora de Xabier Maceiras, "Crónicas de Arteixo",

Acto Aberto BNG na Praza do Balneario ás 20.06/20.30 horas, coa presenza de Francisco Jorquera e Isabel Risco.


18 xuño 2016

Redada no paseo do Balneario debido ao incremento no menudeo da droga e ás ameazas de pandilleros a veciños.

15 xuño 2016

O alcalde e a oposición loitarán contra a peaxe por separado. Calvelo anunciou  unha concentración de vehículos na mañá do sábado, 2 de xullo, para percorrer «dun xeito totalmente respectuoso» o viario de Langosteira desde o polígono de Sabón.


14 xuño 2016

Rivera sostívolle o pulso a Rajoy ata que ambos se encerellaron nunha liorta sobre rexeneración democrática. Aí o presidente en funcións saíu derrotado acusando os golpes até o punto de tachar ao líder de Ciudadanos de «inquisidor».


Para que CiudadanosO secretario de Comunicación de Cidadáns subliñou que Rivera foi "moi claro" ao dicir no debate a catro que para eles será "moi difícil" apoiar un goberno con Mariano Rajoy á cabeza. apoie ao PP. os populares deben renunciar ao candidato Rajoy.



13 xuño 2016

O Porto corrixe o cartel de acceso a Langosteira para retirar a 'L' do topónimo A Coruña.


12 xuño 2016

O PP de Galiza encoméndase a Alberto Núñez FeijóoFeijóo plantará cara ao PP se o financiamento prexudica a Galiza e rexeita rebaixar a solidariedade e avoga por compensar o envellecemento e dispersión da poboación. . a cinco meses das eleccións autonómicas que o presidente anunciou que se celebrarán o próximo mes de outubro.

11 xuño 2016

Rajoy está convencido da vitoria electoral do PP nas xerais e, sobre a corrupción no PP,  comenta que "ninguén é perfecto".


09 xuño 2016

A Xunta pide agora "diálogo" e censura actos como o do alcalde de Arteixo, que chamou aos veciños a mobilizarse para reclamar a supresión da peaxe de Pastoriza.


08 xuño 2016

Calvelo di que, mentres sexa alcalde, irá pola autoestrada e xamáis vai pagar a peaxe e pide aos veciños que a usen  para "saltarse a peaxe", xa que será Fomento quen abone unha indemnización a Autoestradas de Galiza polo tráfico que proceda de Langosteira.