01 xullo 2016

Segundo certo xornal, xa non pode haber máis distancia entre o goberno e a oposición. Crece a desunión en Arteixo pola guerra da peaxe.

A Agrupación Socialista de Arteixo acudirá á convocatoria dunha caravana reivindicativa para a liberalización da peaxe da AG-55 en Pastoriza, baseada nun acordo unánime de tódolos grupos da corporación arteixá.

30 xuño 2016

A oposición abandona a sesión plenaria do Concello por mor dunhas actitudes que en democracia non se poden consentir. foi ao pleno a falar; sobre accesibilidade, sobre especies invasoras e temas de instalacións deportivas. e non a oír os parrafeos do alcalde, que non teñen nada que ver co pleno.

O concello organiza unha caravana para reivindicar a supresión da peaxe na AG-55. Será o vindeiro dous de xullo. A saída partirá ás once horas na Avda. Arsenio Iglesias con dirección ao Porto.


29 xuño 2016

O PP, na Deputación da Coruña con Calvelo à cabeza, votou en contra da eliminación da peaxe.

A localidade de Uxes organiza  o 2 de Xullo unha xornada solidaria.Ás 18:00 charla sobre a situación dos refuxiados, ás 20:00 churrascada popular, e ás 21:00 concertos. ONG AIRE o 2 de xullo en favor dos refuxiados.

28 xuño 2016

Mañá, às 20:30 horas, no Centro Tecnolóxico de Arteixo, nova reunión aberta sobre a peaxe, en Arteixo, da Autoestrada Coruña-Carballo.
 
Predomina a visión pragmática de que se o país, a comunidade ou o concello marchan, a corrupción resulta aceptable.

27 xuño 2016

Rivera xa di que "nunca houbo veto a Rajoy"... dez días despois de vetalo.

O Partido Popular é inmune á corrupción e recupérase cunha rotunda vitoria de Mariano Rajoy en España.
Os españois preferiron ao Partido Popular que gañou as eleccións e cun resultado moi superior en votos e escanos ao que conseguiu no mes de decembro.

26 xuño 2016

A Garda Civil de Arteixo detén a dúas persoas por causar danos no muro perimetral da croa e das defensas do castro.O castro atópase en terreos de propiedade privada, próximos ao vertedoiro selado de Monticaño, e quedou destruído para realizar unha plantación de eucaliptos.

25 xuño 2016

Os candidatos chegan a esta repetición electoral, convocada ante a falta de acordo tras os comicios do pasado 20 de decembro,  sen detallar as súas opcións de pacto.